Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Xoves 19 de marzo de 2009, Núm. 67

I. Disposicións xerais

CORTES XERAIS

  • Resolución do 12 de marzo de 2009, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de validación do Real decreto lei 1/2009, do 23 de febreiro, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións.

TRIBUNAL SUPREMO

  • Sentenza do 23 de decembro de 2008, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do punto tres do artigo 14.1, sobre xornada e horarios de traballo, que dispón "Non se computará para efectos da duración máxima da xornada de traballo, sen prexuízo da súa compensación económica, o tempo que empreguen os avogados nos desprazamentos ou esperas, salvo que durante eles realicen actividades propias da súa profesión. Nos convenios colectivos determinaranse os supostos concretos de desprazamentos e esperas que non se computarán para efectos da duración máxima da xornada" do Real decreto 1331/2006, do 17 de novembro, polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados individuais ou colectivos.

  • Sentenza do 20 de xaneiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se estima a cuestión de ilegalidade formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 de Almería que declara a nulidade de pleno dereito do inciso "ou prevista" do parágrafo dous do artigo 2 do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

  • Sentenza do 2 de febreiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do punto segundo do artigo 14 do Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

  • Sentenza do 11 de febreiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se anula o inciso final do artigo 4.1. "con independencia da forma de acceso previo a estes" do Real decreto 920/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de prestación do servizo de difusión de radio e televisión por cable.

  • Providencia do 6 de marzo de 2009, ditada pola Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se admite a trámite a cuestión de ilegalidade formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, sobre o artigo 332 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

  • Providencia do 6 de marzo de 2009, ditada pola Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se admite a trámite a cuestión de ilegalidade formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, sobre o artigo 332 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE EXTREMADURA

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid