Corrección de erros da Resolución do 28 de setembro de 2016, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se modifican diversos modelos rexistrais para a inscrición e anotación de actos administrativos e outros actos de xestión de persoal no Rexistro Central de Persoal.
Orde AAA/1589/2016, do 3 de outubro, pola que se autoriza un transvasamento de 60 hm³ desde os encoros de Entrepeñas-Buendía, a través do acueduto Texo-Segura, para o trimestre outubro, novembro e decembro de 2016.
Orde PRE/1590/2016, do 3 de outubro, pola se publica o Acordo do Consello de Ministros do 30 de setembro de 2016 polo que se ditan instrucións para habilitar a participación pública no proceso de elaboración normativa a través dos portais web dos departamentos ministeriais.
Orde ECC/1591/2016, do 4 de outubro, pola que se aproban os modelos de información cuantitativa para efectos estatísticos e contables que deben remitir con periodicidade semestral os grupos de entidades aseguradoras e reaseguradoras.
Sentenza do 30 de xuño de 2016, da Sala Cuarta do Tribunal Supremo (recurso de casación nº 17/2015), pola que se estima o recurso de casación interposto pola Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Traballo e Seguridade Social contra a Sentenza da Audiencia Nacional do 25 de xuño de 2014.
Sentenza do 26 de xullo de 2016, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima o recurso contencioso-administrativo interposto contra o Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, e contra a Orde IET/1045/2014, do 16 de xuño, anula as determinacións relativas á IT-01415 e recoñece o dereito da sociedade demandante a ser indemnizada conforme a normativa que se aprobe en execución de sentenza.
Sentenza do 27 de xullo de 2016, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto contra a Orde IET/2446/2013, do 27 de decembro, pola que se establecen as peaxes e os canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas e a retribución das actividades reguladas, e anula o seu artigo 5.
Resolución do 30 de setembro de 2016, da Presidencia da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, pola que se dispón o sistema e se concretan os requisitos técnicos para a práctica de notificacións por medios electrónicos nos procedementos administrativos tramitados pola Comisión.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid