Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Xoves 19 de xullo de 2018, Núm. 174

I. Disposicións xerais

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES, UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN

  • Emendas de 2015 ao Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e garda para a xente de mar (Convenio de formación), 1978, na forma emendada, adoptadas en Londres o 11 de xuño de 2015 mediante Resolución MSC.396(95).

MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL E FUNCIÓN PÚBLICA

  • Resolución do 17 de xullo de 2018, conxunta da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o pagamento ao persoal do sector público estatal dos atrasos correspondentes ao incremento do 1,5 por cento e ao incremento adicional do 0,25 por cento previstos na Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para 2018.

TRIBUNAL SUPREMO

  • Sentenza do 13 de abril de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima parcialmente o recurso contra a Orde IET/2735/2015, do 17 de decembro, pola que se establecen as peaxes de acceso de enerxía eléctrica para 2016 e se aproban determinadas instalacións tipo e parámetros retributivos de instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables.

  • Sentenza do 28 de maio de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima o recurso de casación 8/1739/2016, interposto pola Generalitat de Cataluña contra a Sentenza do 27 de xaneiro de 2016, ditada pola Audiencia Nacional, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Cuarta, no seu recurso 485/2014, contra a Orde IET/619/2014, do 11 de abril.

  • Sentenza do 4 de xuño de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima en parte o recurso interposto contra o Real decreto 1057/2015, do 20 de novembro, polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres.

  • Sentenza do 5 de xuño de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima parcialmente o recurso interposto contra a Orde IET/980/2016, do 10 de xuño, pola que se establece a retribución das empresas de distribución de enerxía eléctrica para o ano 2016.

  • Sentenza do 15 de xuño de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima en parte o recurso contencioso-administrativo contra a Orde IET/980/2016, do 10 de xuño, pola que se establece a retribución das empresas de distribución de enerxía eléctrica para o ano 2016.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid