Real decreto lei 17/2018, do 8 de novembro, polo que se modifica o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro.
Real decreto lei 18/2018, do 8 de novembro, sobre medidas urxentes en materia de estradas.
Estatutos da Infraestrutura Europea Avanzada de Investigación Translacional en Medicina como Consorcio de Infraestruturas de Investigación Europeas (EATRIS ERIC).
Estatutos da Rede de infraestruturas europeas de investigación clínica (ECRIN-ERIC).
Orde HAC/1167/2018, do 7 de novembro, pola que se regulan as operacións de peche do exercicio 2018 relativas ao orzamento de gastos e operacións non orzamentarias.
Real decreto 1378/2018, do 8 de novembro, polo que se modifican os reais decretos 1075/2014, 1076/2014 e 1078/2014, todos eles do 19 de decembro, ditados para a aplicación en España da política agrícola común.
Resolución do 7 de novembro de 2018, da Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira, pola que se actualiza o anexo 1 incluído na Resolución do 4 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral do Tesouro e Política Financeira, pola que se define o principio de prudencia financeira aplicable ás operacións de endebedamento e derivados das comunidades autónomas e entidades locais.
Sentenza do 3 de outubro de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima parcialmente o recurso interposto contra os artigos 1, ordinais 9.º, 26.º, 27.º e 32.º, e o artigo 2, ordinais 2.º e 3.º do Real decreto 638/2016, do 9 de decembro, polo que se modifica o Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986; o Regulamento de planificación hidrolóxica, aprobado polo Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, e outros regulamentos en materia de xestión de riscos de inundacións, caudais ecolóxicos, reservas hidrolóxicas e verteduras de augas residuais, polo que se incorporan ou dá nova redacción aos artigos 49 quater, 49 quinquies, 315.n) e 316.i), así como a disposición transitoria quinta do Regulamento do dominio público hidráulico, e aos artigos 4, 18.1.º do Regulamento da planificación hidrolóxica, e se declara a nulidade do artigo 49 quinquies, punto segundo, do Regulamento de dominio público hidráulico.
Sentenza do 4 de outubro de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima en parte o recurso interposto contra a Orde IET/980/2016, do 10 de xuño, pola que se determinan as cantidades que percibirán as empresas de distribución eléctrica para o ano 2016.
Sentenza do 16 de outubro de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que declara que procede o recurso de casación interposto contra a Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid con data do 19 de xuño de 2016, ditada no procedemento ordinario número 501/2016, sobre liquidación do imposto sobre actos xurídicos documentados dunha escritura pública de formalización de préstamo hipotecario respecto de varias vivendas, sentenza que se casa e se anula. Fíxanse os criterios interpretativos do fundamento xurídico sexto desta sentenza. Estímase o recurso contencioso-administrativo interposto contra a Resolución do Tribunal Económico Rexional de Madrid do 31 de maio de 2016 e anúlase o número 2 do artigo 68 do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto 828/1995, do 25 de maio.
Sentenza do 22 de outubro de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que declara que procede o recurso de casación interposto contra a Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid con data do 13 de xuño de 2016, ditada no procedemento ordinario número 499/2016, sobre liquidación do imposto sobre actos xurídicos documentados dunha escritura pública de formalización de préstamo hipotecario respecto de varias vivendas, sentenza que se casa e se anula. Fíxanse os criterios interpretativos do fundamento xurídico sexto desta sentenza. Estímase o recurso contencioso-administrativo interposto contra a Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da subdirectora xeral da Inspección dos Tributos, e anúlase o número 2 do artigo 68 do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto 828/1995, do 25 de maio.
Sentenza do 23 de outubro de 2018, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que declara que procede o recurso de casación interposto contra a Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid con data do 17 de novembro de 2016, ditada no procedemento ordinario número 194/2015, sobre liquidación do imposto sobre actos xurídicos documentados dunha escritura pública de formalización de préstamo hipotecario respecto de varias vivendas, sentenza que se casa e se anula. Fíxanse os criterios interpretativos do fundamento xurídico sexto desta sentenza. Anúlase a liquidación que foi obxecto de impugnación no proceso de instancia, así como os actos administrativos posteriores a ela, e o número 2 do artigo 68 do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto 828/1995, do 25 de maio.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid