Resolución do 13 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de validación do Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego.
Resolución do 13 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de validación do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza.
Orde INT/409/2020, do 14 de maio, pola que se prorrogan os criterios para a aplicación dunha restrición temporal de viaxes non imprescindibles desde terceiros países á Unión Europea e países asociados Schengen por razóns de orde pública e saúde pública con motivo da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Orde TMA/410/2020, do 14 de maio, pola que se limita a entrada en España ás aeronaves e buques de pasaxe a través dos puntos de entrada designados con capacidade de atención a emerxencias de saúde pública de importancia internacional.
Corrección de erratas da Orde IT/397/2020, do 30 de abril, pola que se actualizan os anexos I e II do Real decreto 2028/1986, do 6 de xuño, sobre as normas para a aplicación de determinadas directivas da CEE, relativas á homologación de tipo de vehículos automóbiles, remolques, semirremolques, motocicletas, ciclomotores e vehículos agrícolas, así como de partes e pezas destes vehículos.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid