Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Martes 13 de abril de 2021, Núm. 88

I. Disposicións xerais

XEFATURA DO ESTADO

  • Lei 3/2021, do 12 de abril, pola que se adoptan medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados da COVID-19.

  • Lei 4/2021, do 12 de abril, pola que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais a fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra a COVID-19.

  • Lei 5/2021, do 12 de abril, pola que se modifica o texto refundido da Lei de sociedades de capital, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, e outras normas financeiras, no que respecta ao fomento da implicación a longo prazo dos accionistas nas sociedades cotizadas.

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES, UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN

  • Emenda de 2017 ao Código internacional de seguridade para naves de gran velocidade, 2000 (Código NGV 2000), adoptada en Londres no 15 de xuño de 2017 mediante Resolución MSC.424(98).

  • Aplicación provisoria do Protocolo do Acordo euromediterráneo polo que se crea unha asociación entre as Comunidades Europeas e os seus Estados membros, por unha parte, e a República de Tunisia, por outra, para ter en conta a adhesión da República de Croacia á Unión Europea, feito en Bruxelas, no 27 de xullo de 2020.

  • Emendas de 2017 ao Código internacional de seguridade para naves de gran velocidade, 1994 (Código NGV 1994), adoptadas en Londres no 15 de xuño de 2017 mediante Resolución MSC.423(98).

  • Emendas de 2018 ao Código internacional de seguridade para naves de gran velocidade, 1994 (Código NGV 1994), adoptadas en Londres no 24 de maio de 2018 mediante Resolución MSC.438(99).

  • Prescricións sobre o mantemento, exame minucioso, proba de funcionamento, revisión e reparación dos botes salvavidas e dos botes de rescate, dispositivos de posta a flote e aparellos de solta, adoptadas en Londres no 19 de maio de 2016 mediante a Resolución MSC.402(96).

  • Texto emendado dos anexos A e B do Acordo europeo sobre transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada (ADR 2021) coas emendas adoptadas durante as sesións 105.ª, 106.ª e 107.ª do Grupo de traballo de transportes de mercadorías perigosas da Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas (CEPE).

MINISTERIO DE FACENDA

  • Orde HAC/342/2021, do 12 de abril, pola que se aproba o modelo 234 de "Declaración de información de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal", o modelo 235 de "Declaración de información de actualización de determinados mecanismos transfronteirizos comercializables" e o modelo 236 de "Declaración de información da utilización de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal".

  • Resolución do 8 de abril de 2021, do Departamento de Xestión Tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se aproban os modelos de comunicacións entre os intervenientes e partícipes nos mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal obxecto de declaración.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid