Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Martes 10 de marzo de 2009, Núm. 59

I. Disposicións xerais

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

  • Acordo multilateral RID 3/2007 en virtude da sección 1.5.1. do Regulamento do transporte internacional de mercadorías perigosas por ferrocarril (RID) (publicado no "Boletín Oficial del Estado" nº 59, do 9 de marzo de 2007), relativo ao transporte de acordo coa disposición especial de embalaxe PP1 da instrución de embalaxe P001, feito en Madrid o 30 de abril de 2008.

  • Modificacións do Regulamento do Tratado de cooperación en materia de patentes (PCT) ("Boletín Oficial del Estado", do 7 de novembro de 1989), adoptadas na 32ª sesión da asemblea da Unión Internacional de Cooperación en materia de Patentes, en Xenebra o 5 de outubro de 2004.

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

  • Real decreto 245/2009, do 27 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 230/2008, do 15 de febreiro, que regula o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.

  • Real decreto 246/2009, do 27 de febreiro, polo que se modifica o Estatuto do Instituto Español de Oceanografía (IEO), aprobado polo Real decreto 1950/2000, do 1 de decembro; o Estatuto do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), aprobado polo Real decreto 1951/2000, do 1 de decembro; o Estatuto do Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), aprobado polo Real decreto 1952/2000, do 1 de decembro; o Estatuto do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME), aprobado polo Real decreto 1953/2000, do 1 de decembro; o Estatuto do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), aprobado polo Real decreto 375/2001, do 6 de abril; e o Estatuto da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), aprobado polo Real decreto 1730/2007, do 21 de decembro.

MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN

  • Resolución do 26 de febreiro de 2009, da Secretaría de Estado de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de grao e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid