Resolución do 12 de marzo de 2009, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de validación do Real decreto lei 1/2009, do 23 de febreiro, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións.
Sentenza do 23 de decembro de 2008, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do punto tres do artigo 14.1, sobre xornada e horarios de traballo, que dispón "Non se computará para efectos da duración máxima da xornada de traballo, sen prexuízo da súa compensación económica, o tempo que empreguen os avogados nos desprazamentos ou esperas, salvo que durante eles realicen actividades propias da súa profesión. Nos convenios colectivos determinaranse os supostos concretos de desprazamentos e esperas que non se computarán para efectos da duración máxima da xornada" do Real decreto 1331/2006, do 17 de novembro, polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados individuais ou colectivos.
Sentenza do 20 de xaneiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se estima a cuestión de ilegalidade formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 de Almería que declara a nulidade de pleno dereito do inciso "ou prevista" do parágrafo dous do artigo 2 do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.
Sentenza do 2 de febreiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do punto segundo do artigo 14 do Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas.
Sentenza do 11 de febreiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se anula o inciso final do artigo 4.1. "con independencia da forma de acceso previo a estes" do Real decreto 920/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de prestación do servizo de difusión de radio e televisión por cable.
Providencia do 6 de marzo de 2009, ditada pola Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se admite a trámite a cuestión de ilegalidade formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, sobre o artigo 332 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.
Providencia do 6 de marzo de 2009, ditada pola Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se admite a trámite a cuestión de ilegalidade formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, sobre o artigo 332 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.
Lei 2/2009, do 2 de marzo, para a posta en marcha dun plan extraordinario de apoio ao emprego local.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid