Cuestión de inconstitucionalidade nº 8970-2008, en relación coa disposición adicional terceira da Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de seguranza social.
Resolución do 18 de marzo de 2009, da Intervención Xeral da Administración do Estado, pola que se modifica a do 22 de setembro de 2008, que aproba os documentos contables específicos do subsistema de proxectos de gasto.
Sentenza do 16 de decembro de 2008, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do punto tres do art. 14.1 do Real decreto 1331/2006, do 17 de novembro, polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados, individuais ou colectivos.
Sentenza do 28 de xaneiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do artigo 5 e da disposición transitoria sétima do Real decreto 1634/2006, do 29 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica a partir do 1 de xaneiro de 2007.
Sentenza do 28 de xaneiro de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se fixa como doutrina legal que o artigo 242.6 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e o artigo 8.1 b), último parágrafo, do texto refundido da Lei de solo aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, son normas con rango de leis básicas estatais, en cuxa virtude e conforme o disposto no precepto estatal, tamén básico, contido no artigo 43.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, non se poden entender adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da ordenación territorial ou urbanística.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid