Real decreto 1540/2009, do 8 de outubro, polo que se declara loito oficial con motivo do falecemento dun militar do continxente militar español na Forza Internacional de Asistencia para a Seguranza en Afganistán.
Resolución do 22 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 4 de setembro de 2009, polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de grao e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Resolución do 22 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 4 de setembro de 2009, polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de grao das universidades da Igrexa Católica e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Resolución do 22 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 4 de setembro de 2009, polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de máster e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Resolución do 22 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 4 de setembro de 2009, polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de máster das universidades da Igrexa Católica e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Real decreto 1461/2009, do 18 de setembro, polo que se regula a concesión dunha subvención directa ao Instituto Catalán das Industrias Culturais para a dixitalización, a incorporación das novas tecnoloxías e a promoción de novas formas de negocio.
Real decreto 1487/2009, do 26 de setembro, relativo aos complementos alimenticios.
Real decreto 1488/2009, do 26 de setembro, polo que se modifica o Real decreto 1052/2003, do 1 de agosto, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre determinados azucres destinados á alimentación humana.
Real decreto 1489/2009, do 26 de setembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións a favor das cidades de Ceuta e de Melilla para a realización de programas e actividades en materia social, persoas maiores e persoas en situación de dependencia.
Sentenza do 17 de xullo de 2009, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se establece a seguinte doutrina: "O módulo temporal de referencia que se debe utilizar para determinar a contía da pensión de viuvez por clases pasivas do ex cónxuxe por divorcio ou nulidade de matrimonio, así como a do cónxuxe actual dun funcionario, cando o falecemento do causante dos dereitos se producise con anterioridade ao momento de alcanzar a idade de xubilación ou retiro forzoso, débese tomar desde a celebración do matrimonio ata a data en que o causante alcanzase a idade de xubilación ou retiro".
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid