Orde EHA/3111/2009, do 5 de novembro, pola que se aproba o modelo 390 de declaración-resumo anual do imposto sobre o valor engadido e se modifica o anexo I da Orde EHA/1274/2007, do 26 de abril, pola que se aproban os modelos 036 de declaración censual de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios, profesionais e retedores e 037 de declaración censual simplificada de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios, profesionais e retedores.
Resolución do 11 de novembro de 2009, da Subsecretaría, pola que se establece o procedemento para a presentación da autoliquidación e as condicións para o pagamento, por vía telemática, das taxas correspondentes á participación na oposición para o ingreso no Corpo Nacional de Policía e á participación nas probas de selección para vixilantes de seguranza e as súas especialidades.
Resolución do 11 de novembro de 2009, da Subsecretaría, pola que se establece o procedemento para a presentación da autoliquidación e as condicións para o pagamento, por vía telemática, de diversas taxas correspondentes á Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil, ámbito Garda Civil.
Orde FOM/3112/2009, do 28 de outubro, pola que se modifica a Orde FOM/716/2009, do 4 de marzo, pola que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Ministerial de Administración Electrónica do Ministerio de Fomento.
Real decreto 1633/2009, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico en produción agroecolóxica e se fixan as súas ensinanzas mínimas.
Resolución do 12 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2010.
Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguranza Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid