Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Xoves 24 de xuño de 2010, Núm. 153

I. Disposicións xerais

TRIBUNAL SUPREMO

  • Sentenza do 23 de abril de 2010, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade do artigo 4.5.d) do Real decreto 315/2006, do 17 de marzo, polo que se crea o Consello para a Sustentabilidade, Innovación e Calidade de Edificación.

  • Sentenza do 30 de abril de 2010, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se establece a seguinte doutrina: "No suposto das adxudicacións e transmisións orixinadas pola disolución do matrimonio, e previsto no artigo 45.I.B) 3 do Real decreto lexislativo 1/1993, polo cal se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, a exención de tributos unicamente é aplicable ás disolucións en que haxa efectiva comunidade de bens (sociedade conxugal); por tanto esta exención non é aplicable aos supostos en que rexa un réxime económico matrimonial de separación de bens".

  • Sentenza do 25 de maio de 2010, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, pola que se declara a nulidade dos artigos 3.1 e 5 do Real decreto 324/2008, do 29 de febreiro, polo que se establecen as condicións e o procedemento de funcionamento e participación nas emisións primarias de enerxía eléctrica.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid