Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Martes 13 de xullo de 2010, Núm. 169

I. Disposicións xerais

XEFATURA DO ESTADO

  • Real decreto lei 11/2010, do 9 de xullo, de órganos de goberno e outros aspectos do réxime xurídico das caixas de aforro.

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

  • Resolución do 8 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se publica a entrada en vigor do Acordo entre o Reino de España e a República Francesa sobre a selección, posta en marcha e financiamento de dous proxectos de autoestradas do mar entre España e Francia na Fachada Atlántica-A Mancha-Mar do Norte, feito en Madrid o 28 de abril e o 10 de novembro de 2009.

MINISTERIO DE FOMENTO

  • Orde FOM/1876/2010, do 8 de xullo, pola que se determinan para o ano 2009 os custos tipo aplicables aos custos subvencionables regulados no Real decreto 170/2009, do 13 de febreiro, sobre compensación ao transporte marítimo e aéreo de mercadorías incluídas no anexo I do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, con orixe ou destino nas Illas Canarias.

  • Orde FOM/1877/2010, do 8 de xullo, pola que se determinan para o ano 2009 os custos tipo aplicables aos custos subvencionables regulados no Real decreto 362/2009, do 20 de marzo, sobre compensación ao transporte marítimo e aéreo de mercadorías non incluídas no anexo I do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, con orixe ou destino nas Illas Canarias.

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

  • Real decreto 898/2010, do 9 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de danza reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Real decreto 899/2010, do 9 de xullo, polo que determinados documentos oficiais se declaran equivalentes ás titulacións a que se refire o artigo 96.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para impartir as ensinanzas elementais e profesionais de danza establecidas na dita lei.

  • Real decreto 900/2010, do 9 de xullo, polo que o título de profesor de música, regulado ao abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, e o diploma de cantante de ópera, expedido ao abeiro do Decreto 313/1970, do 29 de xaneiro, se declaran equivalentes ás titulaciones a que se refire o artigo 96.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para impartir as ensinanzas elementais e profesionais de música establecidas na dita lei.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

  • Orde ITC/1878/2010, do 5 de xullo, pola que se regula a prestación dos servizos de comunicacións móbiles en aeronaves en voo.

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

  • Corrección de erros do Real decreto 170/2010, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de centros de recoñecemento destinados a verificar as aptitudes psicofísicas dos condutores.

BANCO DE ESPAÑA

  • Circular 3/2010, do 29 de xuño, do Banco de España, a entidades de crédito, de modificación da Circular 4/2004, do 22 de decembro, sobre normas de información financeira pública e reservada, e modelos de estados financeiros.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid