Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Sábado 31 de xullo de 2010, Núm. 185

I. Disposicións xerais

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

  • Orde EDU/2075/2010, do 29 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto.

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

  • Orde TIN/2076/2010, do 27 de xullo, pola que se determina o exercicio de funcións en materia de actas de liquidación e de imposición de sancións por infraccións de seguridade social no ámbito das direccións provinciais da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

  • Corrección de erros da Orde ITC/1890/2010, do 13 de xullo, pola que se regulan determinados aspectos relacionados co acceso de terceiros e as retribucións reguladas no sistema do gas natural.

  • Resolución do 27 de xullo de 2010, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se fixan os prezos dos combustibles definitivos do primeiro semestre de 2010 que se aplicarán no cálculo da prima de funcionamento de cada grupo xerador, os custos de loxística para o fuel óleo BIA 0,73% do segundo semestre de 2010 e os prezos dos combustibles provisionais do segundo semestre de 2010 que se aplicarán para efectuar o despacho dos custos variables de xeración nos sistemas eléctricos insulares e extrapeninsulares.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO

  • Orde ARM/2077/2010, do 27 de xullo, para o control de acceso de buques de países terceiros, operacións de tránsito, transbordo, importación e exportación de produtos da pesca para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

MINISTERIO DE SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL

  • Corrección de erros da Resolución do 29 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia sobre modificación do baremo de valoración da situación de dependencia establecido no Real decreto 504/2007, do 20 de abril.

MINISTERIO DE VIVENDA

  • Orde VIV/2078/2010, do 21 de xullo, pola que se establecen as condicións, os requisitos e o procedemento aplicables á concesión das subvencións excepcionais en materia de vivenda, para reparar os danos causados polos incendios forestais e outras catástrofes naturais ocorridos en varias comunidades autónomas, ao abeiro da Lei 3/2010, do 10 de marzo.

COMUNIDADE AUTÓNOMA DO PAÍS VASCO

  • Resolución do 23 de xullo de 2010, da Dirección de Tráfico do Departamento de Interior, pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2009, de medidas especiais de regulación de tráfico durante o ano 2010 na Comunidade Autónoma do País Vasco, pola incorporación ao catálogo e á Rede de Estradas de Gipuzkoa do segundo cinto de Donostia-San Sebastián.

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid