Sentenza do 16 de marzo de 2017, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima en parte o recurso interposto e declara a nulidade do artigo 49.1.m) do Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, e do anexo II da Orde IET/1045/2014, do 16 de xuño, pola que se aproban os parámetros retributivos das instalacións tipo aplicables a determinadas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, no relativo aos valores asignados á IT-01426.
Sentenza do 27 de marzo de 2017, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima en parte o recurso contra a Orde IET/2444/2014, do 19 de decembro, pola que se determinan as peaxes de acceso de enerxía eléctrica para 2015, e o recurso indirecto contra o Real decreto 1054/2014, do 12 de decembro, polo que se regula o procedemento de cesión dos dereitos de cobramento do déficit do sistema eléctrico do ano 2013 e se desenvolve a metodoloxía de cálculo do tipo de xuro que devindicarán os dereitos de cobramento do dito déficit e, se é o caso, dos desaxustes temporais negativos posteriores, e anula o artigo 7, números 2 e 3, da orde e o artigo 3 do real decreto en canto ao cómputo dos xuros tidos en conta para determinar as anualidades dos anos 2014 e 2015 correspondentes ao déficit do ano 2013, por non incorporar os xuros devindicados desde o momento do pagamento efectivo de cada unha das liquidacións provisionais do dito exercicio.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid