Conflito positivo de competencia n.º 3977-2017 en relación cos artigos 7, números 1 e 5; 9, número 3; 10, primeiro parágrafo e número 2.k); 12, números 1, 2, 4 e 7; 14, número 2; 15, número 2, e 20 do Real decreto 264/2017, do 17 de marzo, polo que se establecen as bases reguladoras para o financiamento da adaptación das liñas eléctricas de alta tensión aos requisitos establecidos no Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
Cuestión de inconstitucionalidade número 3649-2017 en relación cos parágrafos 2º e 3º do artigo 17.2 da Lei de Cantabria 1/2001, do 16 de marzo, de colexios profesionais de Cantabria, na redacción dada pola Lei 5/2011, do 29 de decembro, por posible vulneración do artigo 149.1.18ª en relación cos artigos 36 e 149.1.1ª da CE.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 4007-2017 contra o punto dous, inciso "a seguir, o Servizo Público de Emprego comunicará ao Servizo Público de Emprego Estatal a acreditación certificada", tres e cinco do artigo único e a disposición derradeira primeira do Real decreto lei 7/2017, do 28 de abril, polo que se prorroga e modifica o Programa de activación para o emprego.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 4061-2017 contra os seguintes artigos do artigo único da Lei valenciana 10/2016, do 28 de outubro, de modificación da Lei valenciana 9/2010, do 7 de xullo, de designación de senadores ou senadoras en representación da Comunidade Valenciana: un, en canto ao seu inciso "e revogación", que se introduce na nova redacción do artigo 1 da Lei 9/2010; tres, en canto á nova redacción que se dá ao artigo 13.3 da Lei 9/2010; catro, en canto á nova redacción que se dá ao artigo 14.5 da Lei 9/2010; cinco, en canto que introduce un novo artigo 14.bis na Lei 9/2010, e sete, en canto se dá nova redacción aos números 2 e 3 do artigo 16 da Lei 9/2010, e contra a disposición transitoria única da Lei valenciana 10/2016.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 4063-2017 contra o artigo 3.1, alíneas a) e b) e inciso do artigo 6 relativo ás "entidades que, sen teren personalidade xurídica, constitúen unha unidade económica ou patrimonio separado susceptible de imposición, definidas como obrigados tributarios pola normativa tributaria xeral" da Lei da Xeneralidade de Cataluña 6/2017, do 9 de maio, do imposto sobre os activos non produtivos das persoas xurídicas.
Impugnación de disposicións autonómicas (título V LOTC) n.º 4332-2017 en relación coa Resolución 807/XI do Parlamento de Cataluña pola que se designan os membros da Sindicatura Electoral de Cataluña ao abeiro da disposición derradeira terceira da denominada Lei do Parlamento de Cataluña 19/2017, do 6 de setembro, do referendo de autodeterminación.
Orde PRA/905/2017, do 21 de setembro, pola que se modifican os anexos I e II do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados nestes, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid