Recurso de inconstitucionalidade n.º 4063-2017, contra o artigo 3.1, alíneas a) e b) e inciso do artigo 6, relativo ás "entidades que, sen teren personalidade xurídica, constitúen unha unidade económica ou patrimonio separado susceptible de imposición, definidas como obrigados tributarios pola normativa tributaria xeral" da Lei da Generalitat de Cataluña 6/2017, do 9 de maio, do imposto sobre os activos non produtivos das persoas xurídicas.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5003-2017, contra a Lei do Parlamento de Cataluña 13/2017, do 6 de xullo, das asociacións de consumidores de cánnabis.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5284-2017, contra a Lei 15/2017, do 25 de xullo, da Axencia de Ciberseguranza de Cataluña.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5333-2017, contra o artigo 1 do Decreto lei da Generalitat de Cataluña 5/2017, do 1 de agosto, de medidas urxentes para a ordenación dos servizos de transporte de viaxeiros en vehículos de até nove prazas.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5334-2017, contra determinados preceptos da Lei da Generalitat de Cataluña 16/2017, do 1 de agosto, do cambio climático.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5424-2017, contra o artigo 3, no relativo ao fornecemento de electricidade e gas da Lei valenciana 3/2017, do 3 de febreiro, para paliar e reducir a pobreza enerxética na Comunidade Valenciana.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5425-2017, contra determinados preceptos da Lei 2/2017, do 3 de febreiro, da Generalitat, pola función social da vivenda da Comunidade Valenciana.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 5462-2017, contra determinados preceptos da Lei 9/2017, do 3 de agosto, de regulación das corridas de touros e de protección dos animais nas Illes Balears.
Conflito positivo de competencia n.º 5240-2017, en relación cos artigos 8.2. alíneas b), c), f), g), h), i) (excepto as obrigacións dos participantes), e j); 22.3; 23.3, parágrafo 2º; 28.1, parágrafo 4º; 32.2, inciso final; e a disposición adicional 4ª.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Acordo administrativo, para o período 2017-2018, entre o Ministerio español de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Organización Mundial da Saúde, para levar a cabo actividades de cooperación en materia de doazón e transplante de órganos, células e tecidos humanos ao abeiro do Acordo marco de cooperación entre o Reino de España e a Organización Mundial da Saúde do 12 de setembro de 2001, feito en Madrid e Xenebra o 30 de outubro de 2017.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid