Está Vd. en

Suplemento en galego do BOE: Sábado 30 de decembro de 2017, Núm. 317

I. Disposicións xerais

XEFATURA DO ESTADO

  • Real decreto lei 20/2017, do 29 de decembro, polo que se prorrogan e se aproban diversas medidas tributarias e outras medidas urxentes en materia social.

  • Real decreto lei 21/2017, do 29 de decembro, de medidas urxentes para a adaptación do dereito español á normativa da Unión Europea en materia do mercado de valores.

MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA

  • Real decreto 1070/2017, do 29 de decembro, polo que se modifican o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, e o Real decreto 1676/2009, do 13 de novembro, polo que se regula o Consello para a Defensa do Contribuínte.

  • Real decreto 1071/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo.

  • Real decreto 1072/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento xeral do réxime sancionador tributario, aprobado polo Real decreto 2063/2004, do 15 de outubro.

  • Real decreto 1073/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa, aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio.

  • Real decreto 1074/2017, do 29 de decembro, polo que se modifican o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, aprobado polo Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, o Regulamento do imposto sobre sociedades, aprobado polo Real decreto 634/2015, do 10 de xullo, e o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado polo Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro.

  • Real decreto 1075/2017, do 29 de decembro, polo que se modifican o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, aprobado polo Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro, o Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto 828/1995, do 29 de maio, o Regulamento dos impostos especiais, aprobado polo Real decreto 1165/1995, do 7 de xullo, o Regulamento do imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, aprobado polo Real decreto 1042/2013, do 27 de decembro, o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, o Real decreto 3485/2000, do 29 de decembro, sobre franquías e exencións en réxime diplomático, consular e de organismos internacionais e de modificación do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, e o Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.

  • Orde HFP/1307/2017, do 29 de decembro, pola que se modifican a Orde EHA/1274/2007, do 26 de abril, pola que se aproban os modelos 036 de declaración censual de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores e 037 declaración censual simplificada de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores, a Orde EHA/3434/2007, do 23 de novembro, pola que se aproban os modelos 322 de autoliquidación mensual, modelo individual, e 353 de autoliquidación mensual, modelo agregado, e a Orde EHA/3786/2008, do 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 303 imposto sobre o valor engadido, autoliquidación.

  • Orde HFP/1308/2017, do 29 de decembro, pola que se modifican a Orde EHA/3514/2009, do 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 181 de declaración informativa de préstamos e créditos, e operacións financeiras relacionadas con bens inmobles, a Orde HAP/1608/2014, do 4 de setembro, pola que se aproba o modelo 187, de declaración informativa de accións ou participacións representativas do capital ou do patrimonio das institucións de investimento colectivo, a Orde do 17 de novembro de 1999 pola que se aproban os modelos 128 de declaración-documento de ingreso e os modelos 188 do resumo anual de retencións e ingresos á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas, do imposto sobre sociedades e do imposto sobre a renda de non residentes correspondente a establecementos permanentes, en relación coas rendas ou rendementos de capital mobiliario procedentes de operacións de capitalización e de contratos de seguro de vida ou invalidez, a Orde EHA/3377/2011, do 1 de decembro, pola que se aproba o modelo 193 de resumo anual de retencións e ingresos á conta sobre determinados rendementos do capital mobiliario do imposto sobre a renda das persoas físicas e sobre determinadas rendas do imposto sobre sociedades e do imposto sobre a renda de non residentes, correspondente a establecementos permanentes, a Orde EHA/3895/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba o modelo 198, de declaración anual de operacións con activos financeiros e outros valores mobiliarios, e a Orde HAP/1695/2016, do 25 de outubro, pola que se aproba o modelo 289, de declaración informativa anual de contas financeiras no ámbito da asistencia mutua, e pola que se modifican outras normas tributarias.

  • Resolución do 29 de decembro de 2017, da Presidencia do Comisionado para o Mercado de Tabacos, pola que se publican os prezos de venda ao público de determinados elaborados de tabaco en expendedorías de tabaco e timbre da área do monopolio.

MINISTERIO DE FOMENTO

  • Real decreto 1076/2017, do 29 de decembro, polo que se establecen normas complementarias ao Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, en relación coa explotación das autorizacións de arrendamento de vehículos con condutor.

MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL

  • Real decreto 1077/2017, do 29 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2018.

  • Orde ESS/1309/2017, do 28 de decembro, pola que se prorroga a vixencia da Orde ESS/1/2012, do 5 de xaneiro, pola que se regula a xestión colectiva de contratacións en orixe para 2012.

  • Orde ESS/1310/2017, do 28 de decembro, pola que se modifica a Orde do 24 de setembro de 1970, pola que se ditan normas para aplicación e desenvolvemento do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos.

  • Resolución do 4 de decembro de 2017, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, pola que se modifica o ámbito territorial de unidades de recadación executiva da Seguridade Social nas direccións provinciais de Barcelona, Ciudad Real, Madrid e Valencia.

MINISTERIO DE ENERXÍA, TURISMO E AXENDA DIXITAL

MINISTERIO DA PRESIDENCIA E PARA AS ADMINISTRACIÓNS TERRITORIAIS

  • Real decreto 1078/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro, e o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatarios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

  • Real decreto 1079/2017, do 29 de decembro, sobre revalorización de pensións de clases pasivas, das pensións do sistema da Seguridade Social e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2018.

  • Real decreto 1080/2017, do 29 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do organismo autónomo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa.

MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E COMPETITIVIDADE

  • Corrección de erros da Orde EIC/1300/2017, do 27 de decembro de 2017, pola que se dispón a creación de débeda do Estado durante o ano 2018 e xaneiro de 2019 e se autorizan as operacións de xestión de tesouraría do Estado.

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

  • Real decreto 1082/2017, do 29 de decembro, polo que se determina o nivel mínimo de protección garantido ás persoas beneficiarias do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.

  • Real decreto 1083/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1662/2000, do 29 de setembro, sobre produtos sanitarios para diagnóstico "in vitro", con obxecto de regular a venda ao público e a publicidade dos produtos de autodiagnóstico para a detección do VIH.

  • Orde SSI/1312/2017, do 19 de decembro, pola que se corrixen erros na Orde SSI/1157/2017, do 28 de novembro, pola que se procede á actualización en 2017 do sistema de prezos de referencia de medicamentos no Sistema nacional de saúde.

TRIBUNAL SUPREMO

  • Sentenza do 4 de decembro de 2017, da Sala Terceira do Tribunal Supremo, que estima parcialmente o recurso interposto contra a Orde IET/2735/2015, do 17 de decembro, pola que se establecen as peaxes de acceso de enerxía eléctrica para 2016 e se aproban determinadas instalacións tipo e parámetros retributivos de instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, e anula o seu artigo 5 en canto fixa para 2016 a partida correspondente da parte recorrente no financiamento do déficit de 2013, e o seu artigo 8 en canto establece o incentivo ou penalización de redución de perdas da recorrente correspondente á retribución do ano 2015 asociado a perdas da rede do ano 2013.

COMUNIDADE AUTÓNOMA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS

subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid