Recurso de inconstitucionalidade n.º 5884-2017 contra o Acordo do Pleno do Senado, do 27 de outubro de 2017, mediante o cal se lle autoriza ao Goberno do Estado a aplicación á Xeneralidade de Cataluña de medidas ao abeiro do previsto no artigo 155 da CE.
Cuestión de inconstitucionalidade n.º 5771-2017 en relación coa disposición adicional terceira da Lei do Parlamento de Cataluña 12/1987, do 28 de maio, sobre regulación do transporte por estrada mediante vehículos de motor, introducida polo artigo 147 da Lei 9/2011, do 29 de decembro, de promoción da actividade económica, por posible vulneración dos artigos 25, 149.1.6ª e 149.1.29ª CE.
Cuestión de inconstitucionalidade n.º 5907-2017 en relación co artigo 9.a da Lei 9/2008, do 4 de decembro, de Castilla-La Mancha, de medidas en materia de tributos cedidos, por posible vulneración dos artigos 14 e 31.1 da CE.
Impugnación de disposicións autonómicas (título V LOTC) n.º 5128-2017 contra o Acordo GOV/138/2017, do 2 de outubro, do Gobierno da Xeneralidade de Cataluña, polo que se crea a Comisión Especial sobre a Violación de Dereitos Fundamentais en Cataluña.
Protocolo do Acordo de estabilización e asociación entre as Comunidades Europeas e os seus Estados membros, por unha banda, e Bosnia e Herzegovina, por outra, para ter en conta a adhesión da República de Croacia á Unión Europea.
Orde DEF/1340/2017, do 20 de decembro, pola que se regulan a composición, as funcións e o funcionamento da Xunta Militar de Combustibles e Lubricantes das Forzas Armadas.
Real decreto 4/2018, do 12 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Peritos de Telecomunicación (COITT).
Resolución INT/3014/2017, do 29 de decembro, pola que se establecen as restricións á circulación durante o ano 2018.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid