Emendas de 2016 ao anexo do Convenio internacional para previr a contaminación polos buques, 1973, modificado polo Protocolo de 1978 (Convenio MARPOL), adoptadas en Londres o 28 de outubro de 2016 mediante Resolución MEPC.277(70).
Corrección de erros das emendas ao Código técnico relativo ao control das emisións de óxidos de nitróxeno dos motores diésel mariños, adoptadas mediante Resolución MEPC.272(69). (Proba dos motores de gas e dos motores de combustible mixto).
Orde JUS/439/2018, do 26 de abril, pola que se crea e se regula o Sistema arquivístico do Ministerio de Xustiza e dos seus organismos públicos vinculados ou dependentes.
Orde DEF/440/2018, do 24 de abril, pola que se modifica a Orde DEF/1097/2012, do 24 de maio, pola que se determinan as titulacións requiridas para ingresar nos centros docentes militares de formación para acceso ás diferentes escalas de oficiais e suboficiais das Forzas Armadas.
Orde HFP/441/2018, do 26 de abril, pola que se aproban os modelos de declaración do imposto sobre sociedades e do imposto sobre a renda de non residentes correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, para os períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, se ditan instrucións relativas ao procedemento de declaración e ingreso e se establecen as condicións xerais e o procedemento para a súa presentación electrónica, e pola que se modifica o modelo 222 "Imposto sobre sociedades. Réxime de consolidación fiscal. Pagamento fraccionado" aprobado pola Orde HFP/227/2017, do 13 de marzo.
Resolución 9/XII, do Parlamento de Cataluña, de validación do Decreto lei 2/2018, do 9 de marzo, de recuperación dunha parte da paga extraordinaria e adicional do mes de decembro de 2012 do persoal do sector público da Xeneralidade de Cataluña.
Resolución 10/XII, do Parlamento de Cataluña, de validación do Decreto lei 1/2018, do 9 de marzo, de necesidades financeiras do sector público en prórroga orzamentaria.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid