Corrección de erros do Real decreto lei 14/2018, do 28 de setembro, polo que se modifica o texto refundido da Lei do mercado de valores, aprobado polo Real decreto lexislativo 4/2015, do 23 de outubro.
Corrección de erros do Real decreto lei 15/2018, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores.
Emendas de 2016 á parte A do Código de formación, titulación e garda para a xente de mar (Código de formación), adoptadas en Londres o 25 de novembro de 2016 mediante a Resolución MSC.417(97).
Resolución do 10 de outubro de 2018, da Intervención Xeral da Administración do Estado, pola que establece a estrutura da conta xustificativa dos pagamentos efectuados con cargo aos libramentos de retribucións de persoal en activo e a outros libramentos para o pagamento das cotas da Seguridade Social doutros perceptores.
Orde FOM/1082/2018, do 10 de outubro, pola que se regula a Xunta de Contratación do Ministerio de Fomento.
Orde APA/1083/2018, do 8 de outubro, pola que se ditan medidas para evitar a contaminación transfronteiriza derivada do cultivo de millo modificado xeneticamente cara aos estados membros veciños en que estea prohibido o cultivo deses organismos modificados xeneticamente.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid