Real decreto lei 29/2020, do 29 de setembro, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas administracións públicas e de recursos humanos no Sistema nacional de saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 4291-2020, contra o Decreto lei 6/2020, do 5 de xuño, do Consell, para a ampliación de vivenda pública na Comunitat Valenciana mediante os dereitos de tanteo e retracto.
Aplicación provisoria do Acordo para a terminación dos tratados bilaterais de investimento entre Estados membros da Unión Europea, feito en Bruxelas no 5 de maio de 2020.
Real decreto 865/2020, do 29 de setembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións en determinados ámbitos de actuación do Ministerio do Interior.
Orde INT/913/2020, do 29 de setembro, pola que se prorroga a Orde INT/657/2020, do 17 de xullo, pola que se modifican os criterios para a aplicación dunha restrición temporal de viaxes non imprescindibles desde terceiros países á Unión Europea e países asociados Schengen por razóns de orde pública e saúde pública con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Real decreto 866/2020, do 29 de setembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións a diversos organismos e entidades do sector turístico polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, durante o exercicio orzamentario 2020.
Resolución do 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, referente aos equipamentos de protección individual no contexto da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Real decreto 867/2020, do 29 de setembro, polo que se regulan os produtos zoosanitarios de reactivos de diagnóstico de uso veterinario, os sistemas de control de parámetros fisiolóxicos en animais e os produtos destinados ao mantemento do material reprodutivo animal.
Real decreto 868/2020, do 29 de setembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á Comunidade Autónoma de Aragón para o financiamento de investimentos na provincia de Teruel que favorezan a xeración de actividade económica nesa provincia.
Resolución do 29 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se publica a tarifa de último recurso de gas natural.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid