Recurso de inconstitucionalidade n.º 3887-2020, contra o Decreto lei 2/2020, do 9 de marzo, de mellora e simplificación da regulación para o fomento da actividade produtiva de Andalucía.
Recurso de inconstitucionalidade n.º 4649-2020, contra o Decreto lei 6/2020, do 2 de xullo, de medidas urxentes para incentivar as medidas de recuperación económica e social no ámbito local, aprobado pola Xunta de Castilla y León.
Cuestión de inconstitucionalidade n.º 3512-2020, en relación cos artigos 1.2; 5.1. parágrafo segundo; 10.2.a), b); 11.1; 13 (en concordancia co 10.2); 21.1; 25.1; 26.1; D.A. primeira; D.D. cuarta; D.D. quinta, un e dous, da Lei 30/2015, do 9 de setembro, por posible vulneración dos arts. 14 e 28 da CE.
Conflito positivo de competencia número 4491-2020, contra o artigo 5.3, alínea a) do Real decreto 498/2020, do 28 de abril, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Real decreto 927/2020, do 27 de outubro, polo que se amplía o ámbito de actuación das organizacións de inspección e recoñecemento de buques e se modifican o Real decreto 877/2011, do 24 de xuño, e o Real decreto 357/2015, do 8 de maio.
Real decreto 928/2020, do 27 de outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención ao Centro de Estudos de Transportes do Mediterráneo Occidental (CETMO), para o desenvolvemento de actividades de secretariado do Grupo de Ministros de Transportes do Mediterráneo Occidental (GTMO 5+5) durante o exercicio orzamentario 2020.
Resolución do 25 de xuño de 2020, da Autoridade Portuaria de Ceuta, pola que se modifica a do 7 de febreiro de 2012 pola que se crea e se regula a sede electrónica.
Real decreto 934/2020, do 27 de outubro, polo que se crea a Sección Novena do Consello de Estado, de conformidade co disposto no artigo 13 da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado.
Real decreto 935/2020, do 27 de outubro, polo que se aproba o Regulamento sobre directrices xerais dos plans de estudos do ensino de formación para a incorporación ás escalas de suboficiais e de cabos e gardas do corpo da Garda Civil.
Real decreto 938/2020, do 27 de outubro, polo que se regula o observatorio Mulleres, Ciencia e Innovación.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid