Resolución do 19 de outubro de 2020, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a do 10 de maio de 2016 pola que se aproba o modelo de solicitude de admisión ás probas de aptitude para ser representante alfandegueiro e da autoliquidación da taxa de exame para estas probas e se regula a súa presentación e pagamento.
Orde INT/1006/2020, do 29 de outubro, pola que se modifica a Orde INT/657/2020, do 17 de xullo, pola que se modifican os criterios para a aplicación dunha restrición temporal de viaxes non imprescindibles desde terceiros países á Unión Europea e países asociados Schengen por razóns de orde pública e saúde pública con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Orde TED/1007/2020, do 27 de outubro, pola que se autoriza un transvase desde os encoros de Entrepeñas-Buendía, a través do acueduto Texo-Segura, de 13 hm³, para o mes de outubro de 2020.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid