Convenio entre o Reino de España e a República de Cabo Verde para evitar a dobre imposición e previr a evasión fiscal en materia de impostos sobre a renda e o seu protocolo, feito en Madrid no 5 de xuño de 2017.
Corrección de erros do Acordo administrativo estándar relativo ao Fondo conxunto para a Axenda 2030: Apoio estratéxico integrado para a promoción dos ODS Fondo fiduciario de asociados múltiples polo que se prevé a xestión intermediada dos fondos, feito en Nova York no 16 de abril de 2018.
Real decreto 1048/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención da Secretaría de Estado para a Unión Europea ao Consello Federal Español do Movemento Europeo para o fomento dos valores sociais e culturais no proceso de integración europea.
Real decreto 1049/2020, do 1 de decembro, polo que se modifica o Regulamento polo que se regula o procedemento para a adquisición da nacionalidade española por residencia, aprobado polo Real decreto 1004/2015, do 6 de novembro.
Real decreto 1050/2020, do 1 de decembro, de creación de trinta e tres unidades xudiciais COVID-19 correspondentes á programación de 2020.
Real decreto 1051/2020, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación do ensino de formación nas Forzas Armadas.
Orde TMA/1134/2020, do 30 de novembro, pola que se modifican os prazos para solicitar e formalizar os préstamos avalados e subvencionados polo Estado establecidos na Orde TMA/378/2020, do 30 de abril, pola que se definen os criterios e requisitos dos arrendatarios de vivenda habitual que poden acceder ás axudas transitorias de financiamento establecidas no artigo 9 do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19.
Real decreto 1052/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa de diversas subvencións en materia comercial.
Real decreto 1053/2020, do 1 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de retribucións do persoal das Forzas Armadas, aprobado polo Real decreto 1314/2005, do 4 de novembro.
Real decreto 1054/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención ao Bispado de Plasencia para o mantemento do mosteiro de San Xerome de Yuste.
Real decreto 1056/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións no ámbito do ambiente para o exercicio orzamentario 2020.
Real decreto 1057/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia para a execución de obras de seguranza mineira e clausura na instalación de residuos mineiros abandonada denominada "El Lirio".
Real decreto 1058/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións ás cidades de Ceuta e Melilla para o mantemento e a mellora da atención prestada nos centros de acollida de menores estranxeiros non acompañados no ano 2020.
Real decreto 1059/2020, do 1 de decembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á Comunidade Autónoma de Canarias para a atención e acollida dos nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados.
Lei 2/2020, do 12 de novembro, de reforma parcial da Lei 21/2007, do 18 de decembro, de réxime xurídico e económico dos portos de Andalucía, en materia de prazos concesionais.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid