Orde AUC/1148/2020, do 18 de novembro, pola que se eleva á categoría de consulado honorario e se amplía a xurisdición consular do actual Viceconsulado Honorario de España en Coímbra, na República Portuguesa.
Orde AUC/1149/2020, do 18 de novembro, pola que se suprime a Oficina Consular Honoraria de España en Las Terrenas, na República Dominicana, e se crea a Oficina Consular Honoraria de España en Nagua, na República Dominicana.
Orde AUC/1150/2020, do 18 de novembro, pola que se suprime a Oficina Consular Honoraria de España en Manchester, no Reino Unido.
Orde AUC/1151/2020, do 24 de novembro, pola que se eleva á categoría de consulado honorario o actual Viceconsulado Honorario de España en Arequipa, na República do Perú.
Orde AUC/1152/2020, do 24 de novembro, pola que se eleva á categoría de consulado honorario o actual Viceconsulado Honorario de España en Iquitos, na República do Perú.
Orde DEF/1153/2020, do 2 de decembro, sobre a formación e a capacitación, así como o establecemento das directrices necesarias para a obtención da aptitude do persoal militar non facultativo en misións de apoio á atención sanitaria en operacións.
Orde HAC/1154/2020, do 27 de outubro, pola que se modifican a Orde HAC/1400/2018, do 21 de decembro, pola que se aproba o modelo 233, "Declaración informativa por gastos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados" e se determinan o lugar, forma, prazo e procedemento para a súa presentación, e se modifica a Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria; e a Orde HAC/773/2019, do 28 de xuño, pola que se regula o mantemento dos libros de rexistro no imposto sobre a renda das persoas físicas.
Orde HAC/1155/2020, do 25 de novembro, pola que se desenvolven, para o ano 2021, o método de estimación obxectiva do imposto sobre a renda das persoas físicas e o réxime especial simplificado do imposto sobre o valor engadido.
Orde APA/1156/2020, do 26 de novembro, pola que se crean e regulan a Xunta de Contratación e a Mesa de Contratación do Fondo Español de Garantía Agraria, O.A.
Resolución do 25 de novembro de 2020, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se aproba a lista de substancias e métodos prohibidos no deporte.
Circular 5/2020, do 25 de novembro, do Banco de España, a entidades de pagamento e a entidades de diñeiro electrónico, sobre normas de información financeira pública e reservada, e modelos de estados financeiros, e que modifica a Circular 6/2001, do 29 de outubro, sobre titulares de establecementos de cambio de moeda, e a Circular 4/2017, do 27 de novembro, a entidades de crédito, sobre normas de información financeira pública e reservada, e modelos de estados financeiros.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid