Convenio entre o Reino de España e o Xapón para eliminar a dobre imposición en relación cos impostos sobre a renda e previr a elusión e evasión fiscais e o seu protocolo, feito en Madrid no 16 de outubro de 2018.
Orde INT/161/2021, do 24 de febreiro, pola que se prorroga a Orde INT/657/2020, do 17 de xullo, pola que se modifican os criterios para a aplicación dunha restrición temporal de viaxes non imprescindibles desde terceiros países á Unión Europea e países asociados Schengen por razóns de orde pública e saúde pública con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Orde INT/162/2021, do 25 de febreiro, pola que se prorrogan os controis na fronteira interior terrestre con Portugal, restablecidos con motivo da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Real decreto 83/2021, do 9 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 227/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece a normativa básica referente aos paneis de catadores de aceite de oliva virxe.
Real decreto 84/2021, do 9 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas para a aplicación do artigo 167 bis do Regulamento (UE) n.º 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, regulador das normas de comercialización do aceite de oliva.
Orde PCM/163/2021, do 22 de febreiro, pola que se regula o exercicio do dereito ao sufraxio activo, mediante o voto por correo nos procesos electorais, do persoal da Garda Civil en situacións excepcionais vinculadas coa seguranza nacional.
Orde PCM/164/2021, do 24 de febreiro, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 23 de febreiro de 2021, polo que se prorrogan os acordos do Consello de Ministros do 22 de decembro de 2020 e do 2 de febreiro de 2021, polos que, respectivamente, se establecen medidas excepcionais para limitar a propagación e o contaxio da COVID-19, mediante a limitación dos voos directos e buques de pasaxe entre o Reino Unido e os aeroportos e portos españois; e os voos entre a República Federativa do Brasil e a República de Sudáfrica e os aeroportos españois.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid