Contido dispoñible só en lingua propia

Está Vd. en

Contido

O Suplemento en lingua galega do BOE publícase ao abeiro do Real decreto 489/1997, do 14 de abril, que establece que as leis, os reais decretos leis e os reais decretos lexislativos, unha vez sancionados polo Rei e publicados no BOE en castelán, poderán ser tamén publicados nas demais linguas oficiais das diferentes comunidades autónomas, nos termos que se acorden no correspondente convenio.

Con data do 21 de abril de 1998, a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia subcribiron o Convenio de colaboración para a publicación das leis en lingua galega.

Conforme a disposición adicional única do Real decreto 489/1997, os convenios coas comunidades autónomas poderán establecer a posibilidade de incluír outras disposicións de carácter xeral.

Por isto, a partir do ano 2009, no Suplemento en lingua galega do BOE encontrará os seguintes contidos:

  1. O sumario completo da sección I Disposicións xerais do BOE.
  2. A tradución para o galego das leis, os reais decretos leis, os reais decretos lexislativos, as normas de transposición das directivas da Unión Europea e os regulamentos executivos sometidos a consulta do Consello de Estado.
  3. En caso das outras disposicións da sección I, a ligazón ao documento publicado no BOE. Cando se trata das normas da propia Comunidade Autónoma de Galicia publicadas no BOE e dos reais decretos de traspasos, a ligazón que se ofrece é á publicación no "Diario Oficial de Galicia".
  4. Un buscador que permite localizar os documentos por palabras do título e texto, polo departamento emisor e por data e número do suplemento. Teña en conta que a data e o número do suplemento correspóndense cos do boletín en castelán en que se publicou a disposición.

Busca en suplementos do BOE en galego

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid