Está Vd. en

Axuda

  • Contido e seccións do BORME

    O Rexistro Mercantil publica os datos xurídicos e económicos das sociedades e demais persoas que se inscriben no mesmo, de forma que poidan ser coñecidos por quen contracta con eles, contribuíndo á seguridade do tráfico xurídico mercantil.

    O BORME está regulado polo Real Decreto 1784/1996, do 19 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Mercantil, e a súa edición electrónica réxese polo Real Decreto 1979/2008, do 28 de novembro.

    Corresponde ao Rexistro Mercantil Central a publicación do BORME e á Axencia Estatal BOE as funcións de editor deste diario oficial.

    O “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil” publica os datos previstos na Lei e no Regulamento en dúas seccións:

    1. A Sección Primeira denomínase “Empresarios” e ten dous apartados “Actos inscritos” e “Outros actos publicados no Rexistro Mercantil”.
    2. A Sección Segunda denomínase “Anuncios e avisos legais”. Así mesmo, publícanse nesta sección as notificacións, comunicacións e trámites aos que se refire o artigo 23.1 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal.

    As actos xurídicos contidos na Sección Primeira publícanse clasificados en bloques, existindo un por cada provincia. A orde dos bloques é a dos códigos postais correspondentes a cada unha das provincias.

    Na Sección Segunda: “Anuncios e avisos legais” publícanse:

    • Anuncios do Rexistro Mercantil Central.
    • Balances.
    • Convocatorias de Xuntas.
    • Fusións e absorcións de empresas.
    • Escisión de empresas.
    • Declaracións de insolvencia.
    • Disolución de empresas.
    • Cesión de empresas.
    • Reactivación de empresas.
    • Transformación de empresas.
    • Aumento de capital.
    • Redución de capital.
    • Perda de certificación.
    • Outros anuncios e avisos legais.

    As publicacións da Sección Segunda seguen a orde alfabética da denominación das empresas.

    subir

  • Como se consulta o BORME?

    Desde a páxina de inicio da sede electrónica www.boe.es pode acceder ao último número publicado do BORME.

    A páxina do BORME do día ofrécelle o sumario ou índice completo de todo o publicado nesa data, ordenado por seccións de publicación. Porén, vostede pode seleccionar a Sección ou Subsección que resulte do seu interese.

    Seccións do BORME

    Baixo o título de calquera disposición ofrécense as ligazóns para acceder directamente ao formato PDF e ao resto de formatos dispoñibles, no seu caso:

    Formatos do BORME

    Se necesita consultar o número do BORME inmediatamente anterior, dispón na parte superior dereita da pantalla dunha icona a tal efecto:

    anterior

    Para acceder aos boletíns publicados noutras datas, na páxina de inicio encontrará o acceso ao “Calendario”, desde onde poderá desprazarse polos boletíns publicados desde o 2 de xaneiro de 2001 ata a actualidade (Seccións Primeira y Segunda, dispoñibles desde 2009).

    Calendario BORME

    Así mesmo, pode teclear directamente a data do seu interese na caixa:

    Datas BOE

    subir

  • É oficial e auténtico o BORME en Internet?

    Si, desde o 1 de xaneiro de 2009. Antes desa data, só é oficial e auténtico o BORME en papel.

    Si, a edición electrónica do “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil” publicada na sede electrónica da Axencia, a partir do 1 de xaneiro de 2009, ten carácter de oficial e auténtica.

    Con anterioridade a esa data, só tiña a consideración de oficial e auténtica a edición do BORME impresa en papel.

    subir

  • Como e desde cando se garante a autenticidade do BORME electrónico?

    Para garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do “BORME”, a edición electrónica publicada na sede electrónica da Axencia a partir do 1 de xaneiro de 2009 incorpora a firma dixital avanzada.

    Esa firma incorpórase por separado en cada unha das disposicións publicadas, o que permite asegurarse da autenticidade dunha disposición concreta sen necesidade de descargar o diario completo.

    subir

  • Por que o publicado no BOE é inalterable?

    O proceso de firma electrónica bloquea e “conxela” o contido dun documento de modo que calquera alteración do mesmo invalida a firma electrónica incorporada.

    O proceso de firma electrónica componse de dúas operacións.

    1. calcular un resumo (ou hash) dixital de lonxitude fixa a partir do contido completo do documento.
    2. cifrar ese resumo coa clave privada correspondente ao certificado do emisor. O resumo cifrado empaquétase co documento aínda que o contido visible do documento non se cifra para que sexa lexible.

    Para validar un documento firmado por medios electrónicos, é dicir, para confirmar que non foi alterado por ningunha causa desde que se firmou, hai que realizar tres operacións:

    1. volver a calcular o resumo (hash) a partir do contido do documento
    2. descifrar o resumo incluído no documento mediante a clave pública contida no certificado do emisor e
    3. comparar os resumos. Se son iguais, o documento non sufriu ningunha modificación desde que se firmou e, polo tanto, é válido. Se os resumos non son iguais, produciuse unha alteración e a firma declárase inválida.

    O método de cálculo dos resumos ten tres propiedades interesantes: (a) a súa lonxitude é sempre fixa, independentemente da lonxitude do documento resumido, (b) unha alteración mínima no contido do documento produce un resumo moi distinto e (c) calcular un resumo non é unha operación simétrica: pódese calcular facilmente o resumo dun texto, pero non é posible reconstruír o texto a partir do resumo.

    Para validar os documentos PDF do BORME electrónico, siga as instrucións do Manual de configuración para a validación da firma (PDF) e instale no seu navegador os certificados da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre:

    subir

  • Que é o CVE?

    Localización do código de verificación electrónica nas páxinas PDF do BORME[D]

    O CVE, ou Código de Verificación Electrónica, consiste nun conxunto de caracteres que identifican de forma única calquera dos actos e anuncios publicados no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.

    Este código está impreso en todas e cada unha das páxinas de cada disposición, acto ou anuncio publicados e facilita o acceso ao documento electrónico orixinal na páxina web da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.

    Por que é importante o CVE?

    Porque calquera copia realizada en papel dos orixinais electrónicos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil a partir do 1 de xaneiro de 2009 terá consideración de copia auténtica se inclúe o CVE.

    Deste modo, o CVE permite contrastar a autenticidade de calquera páxina do BORME impresa en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal.

    Na páxina de acceso ao BORME pode introducir o CVE e obter o documento orixinal, firmado por medios electrónicos, directamente dos arquivos electrónicos da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.

    subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid