Está Vd. en

Aviso legal

  • Sobre a sede electrónica

    Dominios e sede electrónica

    Os dominios boe.es e boe.gob.es en Internet son da titularidade da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado resérvase o dereito a realizar cambios na súa sede electrónica sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos da sede ou do seu deseño.

    Frames

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado prohibe expresamente a realización de framings ou o uso por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos da súa sede electrónica.

    Ligazóns ou hiperligazóns

    Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado deberán ter en conta o seguinte:

    • O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.
    • A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado non se responsabiliza en modo algún nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puideran derivar do acceso á páxina web da hiperligazón.
    • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, excepto aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
    • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e ós bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, nin información contraria a calquera dereito de terceiros.

    subir

  • Condicións xerais de reutilización

    As condicións xerais de reutilización dos documentos aloxados na sede electrónica da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado están dispoñibles na dirección: http://www.boe.es/informacion/aviso_legal/index.php e vinculan a calquera persoa física ou xurídica (en adiante, axente reutilizador) que, con fins comerciais ou non, reutilice a información procedente da mesma polo mero feito de facelo.

    En particular está permitido:

    • A copia e difusión da información aquí contida.
    • A modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.
    • A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación necesaria para levar a cabo a actividade de reutilización autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e durante o prazo máximo permitido pola Lei.

    Baixo estas condicións:

    • Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
    • Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse da seguinte maneira: "Orixe dos documentos: Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado".
    • Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre e cando estivese incluída no documento orixinal.
    • Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
    • Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.
    • Respectar o marco lexislativo vixente e en particular todo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos) e a Lei de Propiedade Intelectual (Texto refundido en RDL 1/1996)

    Non están incluídos nas condicións de reutilización os seguintes documentos:

    • Dominios, logotipos e elementos gráficos, e a súa forma de presentación.
    • Elementos cuxa propiedade intelectual pertence ou está compartida con terceiros.

    Exención de responsabilidade

    • A utilización dos conxuntos de datos levarana a cabo os usuarios baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puideran derivarse dela.
    • A AEBOE non será responsable do uso que fagan da súa información os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.
    • A AEBOE non garante a continuidade –se ben tratará de mantela– na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contidos neles.

    Responsabilidade do axente reutilizador

    O axente reutilizador está sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

    subir

  • Sobre o diario oficial Boletín Oficial do Estado (BOE)

    Diario oficial "Boletín Oficial do Estado" publicado a partir do 1 de xaneiro de 2009

    A publicación do "Boletín Oficial do Estado" a partir do 1 de xaneiro de 2009 na sede electrónica da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado ten carácter oficial e auténtico, derivándose desta publicación os efectos previstos no título preliminar do Código Civil e nas restantes normas aplicables.

    O texto das leis, disposicións e actos que se publican na páxina Diario oficial Boletín Oficial del Estado (BOE) ten a consideración de oficial e auténtico, de acordo coas normas e condicións establecidas no Real Decreto 181/2008, do 8 de febreiro, de Ordenación do diario oficial “Boletín Oficial do Estado”.

    O texto das normas emanadas das comunidades autónomas que se publica nesta páxina “Diario oficial Boletín Oficial del Estado (BOE)” ten o carácter que lle atribúen os respectivos Estatutos.

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado garante a autenticidade, integridade e inalterabilidade do diario oficial que se publica na páxina "Diario oficial Boletín Oficial del Estado (BOE)” da súa sede electrónica.

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado garante o acceso universal e gratuíto á edición electrónica do diario “Boletín Oficial do Estado” a través de redes abertas de telecomunicación.

    O código de verificación electrónica (CVE), que se encontra na parte inferior dereita de cada unha das páxinas do “Boletín Oficial do Estado”, permite contrastar a autenticidade de calquera impresión en papel da mesma mediante o cotexo co documento electrónico orixinal. Para iso, na páxina "Diario oficial Boletín Oficial del Estado (BOE)" pode introducir o CVE e obter o documento orixinal, firmado por medios electrónicos, directamente da sede electrónica da Axencia.

    Se por unha situación extraordinaria e por motivos de carácter técnico non fose posible acceder á edición electrónica do “Boletín Oficial do Estado” na páxina “Diario oficial Boletín Oficial do Estado (BOE)”, a edición impresa do diario garante a súa publicación. A edición impresa ten o mesmo valor xurídico que a edición electrónica.

    Diarios oficiais "Boletín Oficial do Estado" publicado antes do 1 de xaneiro de 2009

    Nos diarios oficiais “Boletín Oficial do Estado” publicados antes do 1 de xaneiro de 2009 só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa en papel.

    subir

  • Sobre o diario oficial Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME)

    Diario "Boletín Oficial do Rexistro Mercantil" publicado a partir do 1 de xaneiro de 2009

    A publicación do "Boletín Oficial do Rexistro Mercantil" a partir do 1 de xaneiro de 2009, na sede electrónica da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, ten os mesmos efectos que os atribuídos á súa edición impresa.

    Ao contido dos actos, anuncios y avisos legais da edición electrónica do "Boletín Oficial do Rexistro Mercantil" publicados na páxina Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) recoñéceselles o carácter e a eficacia xurídica que resultan da Lei, do Regulamento do Rexistro Mercantil e das normas establecidas no Real Decreto 1979/2008, do 28 de novembro, polo que se regula a edición electrónica do “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil”.

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado garante a integridade e inalterabilidade dos contidos da edición electrónica do “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil” publicados na páxina Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME), así como a correspondencia coas súas fontes.

    A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado garante o acceso universal e gratuíto á edición electrónica diaria do “Boletín Oficial do Estado” a través de redes abertas de telecomunicación.

    O código de verificación electrónica (CVE), que se encontra na parte inferior dereita de cada unha das páxinas do “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil”, permite contrastar a autenticidade de calquera impresión en papel da mesma mediante o cotexo co documento electrónico orixinal. Para iso, na páxina Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) pode introducir o CVE e comprobar co documento orixinal, firmado por medios electrónicos, directamente da sede electrónica da Axencia.

    Se por unha situación extraordinaria e por motivos de carácter técnico non fose posible acceder á edición electrónica do “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil” na páxina Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME), a edición impresa do diario garante a súa publicación. A edición impresa ten o mesmo valor xurídico que a edición electrónica.

    Diarios "Boletín Oficial do Rexistro Mercantil" publicado antes do 1 de xaneiro de 2009

    Nos diarios "Boletín Oficial do Rexistro Mercantil" publicados antes do 1 de xaneiro de 2009 só se recoñece o carácter e a eficacia xurídica que resultan de la Lei, do Regulamento do Rexistro Mercantil e das demais normas aplicables á edición impresa en papel.

    subir

Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid