A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado é un organismo público, adscrito ao Ministerio de la Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, con personalidade xurídica pública diferenciada e plena capacidade de obrar para cumprir os seus fins, e dispón de patrimonio e tesouraría propios e autonomía de xestión e funcional dentro dos límites establecidos pola Lei de Axencias Estatais e polo seu propio Estatuto
A Axencia desenvolve a súa actividade en torno a tres obxectivos estratéxicos:
(Contido non dispoñible en galego)
Son funcións da Axencia:
(Contido non dispoñible en galego)
A aparición da imprenta e o seu posterior uso xeneralizado posibilitou o auxe da información e do desenvolvemento cultural.
Fronte aos manuscritos, perecedoiros e manipulables, a imprenta permitía a fixación dos textos e a súa produción seriada, circunstancias substanciais para a difusión da información
No último terzo do século XVII tivo lugar un gran aumento da literatura periodística e, en concreto, o nacemento de numerosos boletíns ou gacetas na maior parte de Europa; estas publicacións naceron de mans da iniciativa privada e cun contido estritamente informativo.
No noso país, este fenómeno concretouse en 1661 coa creación da Gazeta, primeiro periódico de información xeral. En 1697 apareceu baixo o título de Gaceta de Madrid. Durante o reinado de Carlos III, en 1762, a Coroa asume o privilexio de imprimir a Gazeta. A publicación convértese nun medio de información oficial que reflexa os criterios e decisións do Goberno. En 1787 créase a Imprenta Real.
Durante o período 1808-1814, publícanse varias Gacetas en diversas localidades.
Posteriormente, en 1836, establécese que os decretos, ordes e instrucións que dite o Goberno serán obrigatorios desde o momento en que se publiquen na Gazeta. Deste modo pasou a converterse nun órgano de expresión lexislativa e regulamentaria, característica que conservará ata a actualidade.
A estrutura da Gazeta establécese en 1886 coa finalidade de publicar só documentos de interese xeral (leis, decretos, sentencias de tribunais, contratos da Administración Pública, anuncios oficiais...). Así mesmo, regúlase a orde de preferencia na publicación das disposicións atendendo a criterios de urxencia e de prioridade da inserción de documentos: leis, reais decretos, reais ordes, etc. Por último, disponse que, dentro de cada sección, a orde de inserción debe ser a de antigüidade dos ministerios, sempre despois da Presidencia do Consello de Ministros. Esta estrutura perfílase por unha Real Orde de 6 de xuño de 1909.
O Goberno de Burgos durante a Guerra Civil utilizou a denominación Boletín Oficial del Estado para distinguirse da Gaceta de la República. A denominación Boletín Oficial del Estado mantívose desde outubro de 1936 ata 1961. Desde esta data ata 1986 pasou a denominarse Boletín Oficial del Estado - Gaceta de Madrid e a partir de 1986 volveu denominarse Boletín Oficial del Estado.
Posteriores normas de 1948, 1957, 1960 e 1986 foron conformando o funcionamento do Boletín Oficial do Estado.
O Real Decreto 1495/2007, de 12 de novembro, crea a Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado e aproba o seu estatuto, e o Real Decreto 181/2008, de 8 de febreiro, de Ordenación do diario oficial "Boletín Oficial do Estado" regula a súa edición electrónica.
Na sede de Manoteras encóntranse a Imprenta Nacional e a maioría dos servizos de xestión da Axencia:
Horario:
Na sede de Trafalgar encóntrase a libraría:
Libraría: luns a venres, 9:00 a 20:00 horas.
(Contido non dispoñible en galego)
La Librería del BOE cuenta con la Tienda del BOE en Internet en la que se pueden hacer pedidos todos los días del año, durante las 24 horas.
Este servizo facilita calquera información xeral relacionada coa Axencia e os servizos que presta.
De acordo co disposto no Estatuto da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, aprobado por Real Decreto 1495/2007, do 12 de novembro, a Axencia fai públicos os seguintes documentos:
(Contido non dispoñible en galego)
Mediante Resolución de 18 de marzo de 2024, de la Subsecretaría del Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con la Cortes (BOE n° 81 de 2 de abril de 2024) ha sido aprobada la Carta de Servicios de la Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado 2024-2027.
La Carta de servicios es el documento a través del cual la Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado informa a la ciudadanía de los servicios que tiene encomendados, de los derechos que les asisten y donde manifiesta públicamente los compromisos de calidad que asume en su prestación.
La finalidad de las cartas es desarrollar el principio de servicio efectivo a los ciudadanos que debe orientar la actuación de las Administraciones Públicas, enunciado en el artículo 3 de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.
A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado é o Organismo ao que corresponde desenvolver a política pública sobre publicidade normativa do Estado. Os seus obxectivos son cumprir, na forma legalmente prevista, o servizo público de publicidade das normas y daquelas outras disposicións ou actos que o ordenamento xurídico considera que deben ser publicados no “Boletín Oficial do Estado” e no “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil”, e levar a cabo a máxima difusión da lexislación, ofrecendo servizos singularizados, accesibles, gratuítos e de calidade que atendan ás necesidades específicas de información xurídica dos cidadáns, profesionais, empresas e demais clientes.
Ten implantado un Sistema de xestión de calidade, conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2015, cuxo alcance se estende aos produtos/servizos de:
Co fin de manter este Sistema de Xestión de Calidade (SXC), a Dirección do organismo comprométese, dentro do alcance da certificación, a:
Para acadar estes compromisos, a Dirección da AEBOE establecerá e documentará anualmente uns obxectivos alcanzables e cuantificables. A Política de Calidade revisarase anualmente no Comité de Calidade para asegurar que o seu contido está plenamente vixente, é acorde cos valores da organización e coherente coa estratexia funcional da AEBOE e coas expectativas depositadas pola cidadanía.
(Contido non dispoñible en galego)
La práctica "Códigos electrónicos COVID-19" ha recibido el Premio Ciudadanía, XV edición, convocado en el año 2022. Este premio se destina a reconocer la calidad e impacto en la ciudadanía de iniciativas singulares de mejora en los sistemas de relación con los ciudadanos o que reviertan en una mayor transparencia, participación, rendición de cuentas o integridad en la provisión de los servicios públicos. (Orden HFP/779/2022, de 28 de julio).
La Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado recibiu o premio “TIC Administración General del Estado 2015" outorgado pola Fundación SOCINFO. O premio distingue o papel da Axencia na súa aposta pola sociedade da información.
A práctica "Sistema Integrado de Difusión Legislativa" recibiu un accésit do Premio Ciudadanía 2014. Este premio recoñece as prácticas innovadoras na provisión de produtos ou servizos, así como nos sistemas de relación coa cidadanía ou cos usuarios dos servizos públicos. (Orde HAP/1258/2015, do 18 de xuño)
A Asociación Profesional de Cuerpos Superiores de Sistemas y Tecnologías de la Información de las Administraciones Públicas concede o Premio ASTIC 2013 á Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado pola súa aposta estratéxica polas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Os Premios TAW á accesibilidade web son unha iniciativa da Fundación CTIC (Centro Tecnológico de la Información y la Comunicación) co fin de evitar as barreiras no acceso á información a través de Internet e os medios electrónicos. TAW é o acrónimo do Test de Accesibilidad Web, ferramenta creada pola Fundación CTIC para a análise das páxinas en Internet.
(Contido non dispoñible en galego)
(Contido non dispoñible en galego)
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid